Ola a todos, hoxe estamos na Hora do mundo, e imos ver unha das grandes cidades do planeta: Nova York.
Empezaremos con algúns aspectos xerais.
Nova York é unha gran cidade, é a segunda, de feito, máis grande dos EE..UU. Tamén está entre as cinco grandes aglomeracións do mundo. Nela está a sede da Organización das Nacións Unidas, o que lle suma moita importancia.
Nova York está composta de cinco boroughs, que poderíase traducir por "distritos". O máis importante destes é Manhattan. No libro "Caperucita Roja en Manhattan", de Carmen Martín Gaite, podedes ver unha descripción moi graciosa de Manhattan.
Nova York ten moito que visitar. O que máis podemos destacar, e que é mundialmente coñecida, é a estatua da Liberdade.
Esta cidade tamén concentrou moitos dos maiores edificios do mundo: un claro exemplo é o Empire State.
Pero tamén hai aspectos tristes. Algo importante na historia desta cidade foi o atentado das torres xemelgas, o coñecido como o 11-S, porque ocorreu o once de setembro de 2001 (eu tiña 2 meses cando ocorreu, cantos tiñas ti?).
Nova York está atravesada polo río Hudson.
Aquí vos deixo unhas fotos. Tamén podedes ver: Españoles en el mundo- Nueva York
Pódese facer unha idea de cómo é máis ou menos a estatua da Liberdade mirando esta foto (arriba).
A típica imaxe de NY.
Espero que con este capítulo de A hora de mundo disfrutárades dunha viaxe momentánea a Nova York.
No hay comentarios:
Publicar un comentario